O Clube de Prensa de Ferrol organiza unha exposición de Humor Gráfico galego na Arxentina, contra todo pronóstico (levo anos fóra desta actividade) contan coa miña participación.. e eu encantado de que así sexa. Non é de desprezar que se lembren dun!!. Este é a escolma que envío.

Co convite de Felipe Bello e Mari Luz Arceo, e a instancias do CEIDA, pasei unha mañá (21 de xaneiro) entretida de debuxo con alumnos do I.E.S. A Rabadeira: dous grupos de primaria e hora e media de intensa actividade cuns nenos motivados e participativos. A ver se repetimos!

Da man da Asociación Berros do Castro, vai Unha Ollada Natural a lucírense por 15 días na Casa de Cultura de San Sadurniño, dentro da programación da "Semana da Cultura Galega" que aló organizan. Estades convidados á expo e máis á esmorga!!

 

 

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Calros Silvar |  info@calrossilvar.com  |  T. 696 476 956