PORTAFOLIO

NATURARTE

A ilustración da natureza é a disciplina que centra o meu traballo. A temperá habelencia no debuxo e a afección á ornitoloxía (iniciada no GOG -Grupo ornitolóxico galego- logo convertido en SGHN -Sociedade galega de historia natural-) confluíron ao cabo dos anos de xeito natural e víronse potenciadas pola oportunidade única de realizar unha colección de Guías de campo, na que aínda hoxe estou comprometido. Baía Edicións soubo ver a potencialidade, a importancia e o interese do proxecto, a pesares do risco do mesmo, pois non en van foron aquelas (Guía das aves de Galicia e Guía das árbores de Galicia, entre outras) as primeiras producidas integramente no Estado Español.

Calros Silvar |  info@calrossilvar.com  |  T. 696 476 956